Os veciños de Rus apoian as actuacións para a posta en valor da súa igrexa

1 minutes read
  • A veciñanza solicitou a mellora da Ruta das Férvedas e outras vías utilizadas para a práctica deportiva

O Concello de Carballo encargou un proxecto para eliminar todos os tendidos aéreos que afean unha das igrexas máis fermosas de toda a Costa da Morte, a de Rus, unha xoia do barroco que merece unha contorna acorde.

No Consello Parroquial celebrado este mércores, a veciñanza solicitou que se aproveitasen as obras para mellorar a seguridade nas escaleiras do cemiterio vello e, finalmente, acabaron apoian a proposta do goberno local para elaborar un proxecto que inclúa melloras en todo o campo da igrexa.

Os veciños e as veciñas de Rus seguen a demandar a mellora da seguridade viaria na Canosa e na estrada provincial que une ese lugar coa igrexa. A petición foi trasladada xa á Deputación, pero será reiterada por parte do Concello de Carballo. En relación coa rede viaria tamén se falou de limpeza e arranxo de pistas, e ademais presentouse unha petición para acondicionar a Ruta das Férvedas e outros camiños moi utilizados por sendeiristas e ciclistas.

A colocación de dúas marquesiñas, a instalación de wifi e mobiliario no Centro Social e varios arranxos en Nogareda completaron as peticións.