O Conservatorio de Música de Carballo convoca unha nova edición do Concurso de Solistas

1 minutes read
  • O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 28 de xaneiro

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo convocou por segundo ano consecutivo un Concurso de Solistas para ofrecer ao alumnado a posibilidade de interpretar unha obra de concerto como solista no Auditorio do Pazo da Cultura.

O certame vai dirixido a estudantes tanto do grao elemental como do profesional, que, previa autorización do titor, deberán formalizar a inscrición entre os días 11 e 28 deste mes de xaneiro. Quedan excluídos/as os/as gañadores/as da edición anterior.

O Concurso de Solistas constará de dúas fases: na primeira, que se celebrará na aula, cada titor/a fará unha selección interna do alumnado. Na segunda, os alumnos e as alumnas seleccionados/as concorrerán a unha proba que se celebrará o 25 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura e na que terán que interpretar unha obra con ou sen acompañamento de piano. Concederanse tres premios en grao elemental e outros tres en grao profesional. Os/as gañadores/as do primeiro premio recibirán un cheque-regalo e diploma, e actuarán como solistas, acompañados pola banda ou a orquestra do CMUS, o curso que vén.

Bases completas aquí.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?