O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo comezará o curso o día 19

Este xoves realizouse a presentación do curso, nun acto destinado especialmente ás familias do alumnado matriculado por primeira vez, para explicarlles o funcionamento do centro e presentarlles ao equipo directivo, que vén de reforzarse coa incorporación de Daniel Novo, profesor de saxofón, como vicedirector. Javier Bardanca continúa como director, Mario Seoane como xefe de estudos e Isaura Rey como secretaria. O CMUS Carballo terá este curso un total de 169 alumnos e alumnas. En Iniciación haberá dous grupos, con 12 nenos e nenas de seis anos en primeiro curso e 20 de sete anos en segundo. O grao elemental é o máis numeroso, con 75 estudantes, e no grao profesional están matriculados 62.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha