O Consorcio Provincial Contraincendios aproba a xestión directa dos parques de bombeiros comarcais

1 minutes read
  • Os dez parques comarcais de bombeiros da provincia da Coruña pasarán a ser xestionados de forma directa pola administración pública a partir de 2020.

O pleno do Consorcio Provincial Contraincendios da Coruña, integrado ao 50% pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, aprobou a proposta do Goberno provincial coruñés para iniciar o proceso de cambio no modelo de xestión dos parques de bombeiros comarcais (actualmente xestionados por empresas privadas mediante concesión administrativa) por un novo modelo no que medios e persoal dependerán directamente do Consorcio.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a vicepresidenta, Goretti Sanmartín, o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, o portavoz da Mesa Intersindical de Bombeiros, Ángel Moldes, o xerente do Consorcio, Luis Barca, e o deputado responsable da área, José Luís García, compareceron nunha rolda de prensa convocada para explicar os acordos alcanzados tras un longo camiño burocrático que incluíu a elaboración de informes sobre a posibilidade e fórmulas de subrogación dos traballadores e sobre a sustentabilidade económica do novo modelo.