O Consorcio Provincial de Bombeiros da Coruña recibe unha das medallas ao Mérito Social

Institucións Penitenciarias entregou as súas medallas ao Mérito Social Penitenciario ao Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña e, a título póstumo, ao sarxento Bruno García Mallo, xefe do parque comarcal de bombeiros de Arzúa, falecido o pasado mes de abril cando regresaba de realizar tarefas de limpeza e desinfección na prisión de Teixeiro.

O acto, celebrado na sede da Subdelegación do Goberno na Coruña, contou coa asistencia da subdelegada, Pilar López Rioboo e o director do centro penitenciario, José Ángel Vázquez, que entregaron as distincións á viuva e o irmán de Bruno García e a Valentín González Formoso, como presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros. Tamén estiveron presentes o deputado provincial responsable da área, Blas García, e o xerente do Consorcio, Luis Barca.

O presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Bombeiros destacou o extraordinario traballo que os 174 bombeiros dos 10 parques comarcais da provincia da Coruña desenvolven cada día para atender as emerxencias en todo o territorio provincial e subliñou especialmente o esforzo realizado durante os últimos meses debido ás necesidades derivadas da pandemia da COVID-19.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha