O Constitucional suspende os artigos da Lei do litoral de Galicia recorridos polo Goberno

O Pleno do Tribunal Constitucional acordou admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Goberno central contra diversos preceptos da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. O Tribunal, tras invocar o Goberno no seu recurso o artigo 161.2 da Constitución, suspendeu a vixencia e aplicación dos preceptos impugnados desde a data de interposición do recurso (11 de outubro de 2023). Na súa demanda, o Executivo central sostén que os artigos impugnados poderían vulnerar as competencias do Estado por parde da Xunta, ata o punto de incorporar o mar «de maneira unilateral» ao territorio de Galicia. O Executivo aduce ademais que a lei «reduce a protección dos terreos contiguos á ribeira do mar», alegando que «as comunidades autónomas poden ir máis alá da protección do litoral, pero nunca ir a menos».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha