Na data que se cumprían dous anos da frustrada declaración unilateral de independencia. A Sociedade Civil Catalá elixiu un lema expresivo dirixido ao independentismo: «Pola concordia, por Cataluña: Basta!».
O percorrido polo paseo de Gracia realizouse nun ambiente festivo entre cancións populares e consignas de apoio ás forzas de seguridade e críticas cos CDR, Torra e Puigdemont.
Os líderes políticos do partido socialista, do Partido Popular e de Ciudadanos estiveron nun segundo plano, porque a cabeceira estaba destinada a representantes da sociedade civil. As bandeiras de Cataluña e España, con preponderancia destas últimas, foron protagonistas e dous exemplares xigantes acompañaron os participantes ao longo do traxecto.
Na tribuna sucedéronse as apelacións a unha Cataluña para todos os cidadáns, respectuosa coa legalidade e integrada en España e Europa.
Tamén se emitiron catro discursos gravados de Joaquín Almunia, Josep Piqué, Francisco Frutos e Marta Rivera. Optouse por este formato non presencial para evitar protagonismos políticos a poucos días do inicio dunha nova campaña electoral.