O coordinador nacional de Podemos Galicia arroupou o acto central do partido en Laxe

A candidatura de Unidas Podemos en Laxe, a única en de toda Galicia con esta denominación, celebrou o seu acto central de campaña, ao que acudiron o coordinador nacional da formación en Galicia, Borja San Ramón, e Isabel Faraldo, concelleira na capital coruñesa.

Borja San Ramón destacou o valor do traballo realizado durante algo máis de ano e medio de andaina do Círculo de Podemos Laxe, cun programa cheo de propostas e cun gran equipo ás súas costas.

O candidato, Fernando Del Moral Regaldie, xunto co número dous, Antonio Jara, debullaron parte do programa nun discurso cunha gran carga política, no salón de actos dun coñecido hotel da localidade, onde houbo que instalar máis asentos debido á afluencia de xente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha