O coristanqués Angeliño ficha polo Leipzig

0 minutes read

Ángel Esmorís, Angeliño, deixou o Manchester City para irse cedido ó Leipzig alemán cunha opción de compra de 30 millóns de euros. O Leipzig lembremos que está a disputar a Liga de Campións (xogará en oitavos contra o Tottenham) e lidera a Bundesliga onde vai ter unha gran pelexa co Bayern ou co Dortmund. A coñecida como «Locomotora de Coristanco» é unha petición expresa do técnico alemán Nagelsmann.