Nos últimos catorce días detectáronse máis de 550 casos novos na Costa da Morte. Con esta situación cabe destacar que máis de dous terzos dos concellos da comarca presentan unha incidencia acumulada superior á media de Galicia.
Hai dez municipios baixo as restricións máis severas, pechados perimetralmente en dous grupos. Por un lado, Ponteceso, Cabana, A Laracha, Carballo, Coristanco, Laxe e Malpica; e por outro, Cee, Dumbría e Muxía, que pecharon este sábado.
Entre os que pecharon primeiro, algúns empezan a notar un descenso dos contaxios, como é o caso de Malpica que actualmente ten medio cento de positivos, baixando en 30 casos, desde que empezaron as restricións. Os residentes nos dez concellos perimetrados só poden desprazarse entre os municipios pechados canda eles e teñen limitadas as reunións sociais ás persoas coas que conviven. Ademais, bares e restaurantes tan só poden ofrecer comida para levar.
19