O coronavirus podería condicionar o aprazamento das eleccións

dpm.

O número de infectados por coronavirus ascende a 27 en Galicia e hai tres casos pendentes de confirmación. O principal foco de contaxio é o centro cívico de Feáns, na Coruña, que xa foi desinfectado e segue clausurado.

Feijóo afirma que ” Os procesos democráticos téñense que celebrar con todas as garantías e celebrar con garantías os procesos democráticos é respectar o dereito ao sufraxio de todos os electores”, asegura Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Engade Feijóo que o que vai primar é o criterio das autoridades sanitarias, e cando teñan algunha recomendación que afecta a campaña ou a celebración das eleccións trasladaranllo ao Goberno central que é quen ten a competencia para suspendelas.