O coronavirus podería ser endémico e non desaparecer nunca, segundo a OMS

Coronavirus

  • Para loitar contra o virus, a vacina debería ser altamente eficaz e estar dispoñible para todo o mundo

O director de Emerxencias Sanitarias na Organización Mundial da Saúde (OMS), Mike Ryan, asegurou que a COVID-19 podería converterse nun virus endémico, é dicir, non desaparecer nunca.

Os esforzos internacionais están á orde día e ninguén pode prever cando se controlará a pandemia do coronavirus, aínda que Ryan destacou nunha rolda de prensa virtual que poderiamos estar ante un virus como o VIH ou o do sarampelo, un virus que chegou para quedar.

En canto á vacina, o director de Emerxencias sinalou que debería ser altamente eficaz e estar dispoñible para todo o que a necesite para que realmente podamos loitar contra o virus.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha