37
A Garda Civil notificou este mércores que o cadáver aparecido na marxe do río Ulla en Teo xa está plenamente identificado. Despois das investigacións feitas aseguran que son suficientes para afirmar que se trata do corpo de Óscar García Lema, e que será entregado á familia do xeito máis rápido posible. Segundo a información achegada pola Benemérita, as probas determinan que non hai terceiras persoas implicadas no falecemento desta persoa. Lembramos que Óscar García Lema de 62 anos, faltou da súa casa en Teo, no lugar de Cepeda, o mércores 29 de marzo.