Mentres trata de pechar da mellor maneira posible un mes de xaneiro negro, o Deportivo xa coñece cando disputará o primeiro encontro de febreiro. A RFEF pechou a xornada 13 de Segunda B, polo que é oficial o horario do Coruxo vs Deportivo. O encontro, que terá lugar en O Vao, quedou fixado para o vindeiro domingo día 7 ás 12:00 horas. Os de Rubén de la Barrera terán que adaptarse ao horario matinal, algo habitual para os partidos do conxunto vigués cando xoga como local. Os de Míchel Alonso están a tratar de refacerse tras unha mala primeira volta e comezan a mostrarse fortes en casa con tres vitorias consecutivas ante o Guijuelo, Pontevedra e Salamanca. O encontro da primeira volta, disputado en Riazor, terminou con vitoria deportivista por 1-0. Como naquela ocasión, o partido volverá disputarse sen público nas bancadas despois das restricións sanitarias que entraron en vigor esta fin de semana con motivo da mala evolución da pandemia.
36