O covid cébase con La Liga

La liga.

O coronavirus golpea a liga española. A xornada da próxima fin de semana verase afectada polo elevado número de xogadores con covid. Cinco membros do Atlético de Madrid deron positivo, incluído o seu adestrador. Son Koke, Griezmann, Herrera, Joao Félix e Diego Pablo Simeone. Entre o Real Madrid e o Fútbol Club Barcelona suman 11 xogadores illados desde o pasado 29 de decembro por contaxiarse. Segundo La Liga hai polo menos 141 xogadores con test positivos nos 20 equipos que disputan a competición. A situación non é mellor na división do prata do fútbol español. Só nun equipo, o Lugo tivo 24 contaxiados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha