O covid non dá tregua, España entra en risco alto de transmisión


A pandemia nin cesa nin remite, España entrou este xoves no nivel de risco alto de transmisión do coronavirus tras notificar unha incidencia de 305,57 casos por cada 100.000 habitantes, segundo consta no último balance publicado polo Ministerio de Sanidade. As autoridades engadiron 26.412 casos e 84 mortes con COVID-19 respecto ao martes. O reconto oficial en España alcanza os 88.321 falecidos e os casos rexistrados desde o inicio da pandemia ascenden a 5.273.178. A incidencia é case cinco veces maior en Navarra (956 casos, 75 puntos máis que no último informe). Esta comunidade, xunto a País Vasco (757) e Aragón (591), están no nivel de risco «moi alto». Ademais, oito territorios están en nivel de risco alto e outros oito en risco medio.