O CP Conxuro celebra unha nova fase de patinaxe na Laracha

O CP Conxuro organiza a III Fase de Niveis Libre (Niveis do 4 ó 10) de patinaxe que se vai celebrar no pavillón Municipal da Laracha este sábado día 8 de outubro desde as 10:00 e ata as 14:15 horas.

Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores, que realizarán un programa coa finalidade de superar o seu nivel.

Tomarán parte no evento trece clubs de patinaxe de toda a provincia da Coruña, en concreto CP Patiart , CP As Pontes, CP Velúa, CP Aura, CP Buxaina , CP Lenda, CPA Costa da Morte, CPA Inercia, CP Axel, CP Alquimia, Escola Lubiáns, CPA Eiriz e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha. 

O CP Conxuro presenta a 9 das súas patinadoras:

  • Nivel 4: Iria Bustelo, Daniela Antelo, María García e Jimena Felipez
  • Nivel 5: Lara Roca
  • Nivel 6: Carla Santín e Lola Collazo
  • Niel 7: África Rodríguez

Esta proba organizada polo CP Conxuro é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia – Deporte Galego e os patrocinadores Asteria Café, o Noso Café, Maluca Lobe e Argalla».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha