A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de rematar a construción dun invernadoiro no Colexio Rural Agrupado de Coristanco. Trátase dunha instalación de 24 metros cadrados dun atractivo deseño en forma de capela de policarbonato ríxido de gran duración que se tratou de integrar no medio educativo como un elemento máis de formación e lecer. Nel, os cativos van desenvolver prácticas relacionadas co medio agrario e máis concretamente coa produción ecolóxica. Para o desenvolvemento deste proxecto, a Axencia vai contar coa colaboración do Consello regulador da Agricultura ecolóxica de Galicia, que vén de desenvolver contidos educativos específicos para cada grupo de idade escolar e que se van distribuír de xeito xeneralizado nas escolas acollidas ao plan “Proxecta”. Así mesmo, levarase a cabo un seguimento individualizado de cada invernadoiro nas primeiras fases de posta en marcha do proxecto.
40