• O certame, de ámbito nacional, está organizado pola Asociación Vida Sana e a Fundación Triodos.
• A entrega do premio terá lugar o 22 de novembro en Madrid.
O CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso vén de gañar o Premio Huertos Educativos Ecológicos na categoría infantil. O certame, de ámbito nacional, é unha iniciativa da Asociación Vida Sana e da Fundación Triodos que ten como finalidade distinguir os proxectos que destacan polo uso do horto e da natureza como instrumento de transmisión de coñecementos, valores, arte social e agricultura.
O primeiro premio de cada categoría, que no caso da infantil corresponde ao Colexio Rural Agrupado de Ponteceso, está dotado con 1.000 euros. Tamén se entrega un accésit en cada categoría que consiste en material para o horto ecolóxico. O acto de entrega celebrarase o 22 de novembro na sede da Fundación Triodos, en Las Rozas (Madrid).