- Actualmente no concello hai 116 casos activos, catro menos que este luns
O Sergas notificoulle este martes ao Concello da Laracha que se detectaron 15 positivos no cribado xeral realizado na localidade durante a semana pasada. Recolléronse un total de 4.632 mostras, o que significa que se presentaron ás probas un 82,6 por cento das persoas citadas.
Actualmente no concello hai 116 casos activos, catro menos que este luns.