O Cupón Diario da ONCE deixou 350.000 euros en 10 premios en Santa Comba


O sorteo deste 7 de marzo da ONCE repartiu unha boa dose de fortuna en Santa Comba, onde se venderon 10 cupóns premiados con 35.000 euros.  O quiosco da Avenida Alfonso Molina, confluencia con Ferradura, foi o encargado de levar a boa fortuna a posiblemente unha decena de fogares. José Gerpe Estévez é o vendedor e amuleto destes dez premiados. Este 7 de marzo tamén deixou en Cataluña premios por valor de 815.000 euros nunha edición que xustamente estaba dedicada á Rambla de Barcelona. As Baleares, con 280.000 euros, e a Región de Murcia, con 175.000, foron outros territorios afortunados.