40
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, culpou ao PP da subida das tarifas na AP-9, asegurando que “as aprobou o Goberno de Rajoy con Ana Pastor como ministra de Fomento”. Ademais, recalcou que o actual Executivo “non aproba ningunha tarifa”. Así se pronunciou ao ser preguntado, tras unha reunión coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, pola petición da Xunta ao Executivo actual para que se convoque a comisión conxunta da AP-9 antes da aprobación das tarifas. Losada afirma que a subida prevista é “alta”, pero recalcou que o Executivo de Sánchez “está a cumprir os acordos que tiña outro Goberno cunha entidade privada”, sinalou sobre Audasa.