O delegado territorial da Xunta visita o obradoiro A Laracha V


Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, visita este luns o Concello da Laracha, no Centro Sociocultural de Paiosaco, interesarase polo desenvolvemento do Obradoiro de Emprego A Laracha V que organizan o Concello e a Consellería de Emprego e Igualdade. Neste obradoiro, que rematará no mes de decembro e que conta cun orzamento total de 863.000 euros, participan vinte alumnos traballadores –dez en cada unha das dúas especialidades-, ademais das cinco persoas que forman o equipo directivo, docente e administrativo. Os alumnos/as tras completar de xeito óptimo a especialidade correspondente recibirán o certificado de profesionalidade que acreditará a súa formación, cualificación e competencia para exercer a profesión, mellorando por tanto a súa empregabilidade e facilitando a posterior inserción no mercado laboral.