Importantísimo triunfo do Deportivo da Coruña por 2-0 ante o Mallorca no partido de ida da fase de ascenso a Primeira división xogado este xoves en Riazor. Un encontro que o Depor manexou de principio a fín e que estivo marcado por unha durísima entrada de Pedraza sobre Alex Bergantiños que o enviou directamente ao hospital na primeira parte, Pedraza foi expulsado e o Mallorca a remolque toda a segunda parte cun menos. No minuto 80 chegou o segundo gol do Depor cun remate de chilena de Quique González que tenta sacar Raíllo, pero o balón traspasara a liña de gol. O colexiado non o vía, pero si o seu asistente. A eliminatoria decidirase o vindeiro domingo en Mallorca. O Deportivo está a 90 minutos de ser novamente equipo de Primeira.