O Dépor ABANCA ten novo adestrador, Miguel Llorente


O Deportivo feminino xa ten substituto para Manu Sánchez: trátase do técnico Miguel Llorente (Madrid), ex do Barça B feminino. Así as cousas, o madrileño asume o mando do Dépor Abanca, e faio xusto para arrincar a pretemporada 2021/22. Acompáñalle Ana González como segunda adestradora. Miguel Llorente traballou durante as últimas 4 tempadas no FC Barcelona feminino. Nas tres primeiras foi o segundo de Jordi Ventura no Barça B; e xa na 2020/21 pasou a ser el o máximo responsable do filial. A nivel clasificatorio, cun persoal moi novo, o seu equipo finalizou en cuarta posición, xusto por detrás de Arabés (ascendido), Osasuna e Real Oviedo. Precisamente, no mesmo grupo que competirá este ano o Dépor Abanca.