O Dépor campión de inverno | Comeza 2022 gañándolle ao Talavera


O cadro coruñés consegue ampliar a súa vantaxe no liderado ata os seis puntos, tras gañar esta última xornada da primeira volta ao Talavera 1-0. Cun 1-0 incerto chegábase o último minuto cando Trilli provoca un penalti para pechar definitivamente o partido. Pero o lanzamento de Miku adivíñao Rubén Miño, convertido no auténtico heroe do Talavera. A súa actuación non puido evitar, con todo, que o Deportivo se proclamase campión de inverno. O segundo na táboa segue sendo o Racing de Santander, que non foi capaz de pasar do empate (0-0) na casa contra o UD San Sebastián de los Reyes. No outro duelo con presenza de rivais que pelexan polo ascenso,  Unionistas tamén caeu despois de ver como o Zamora lle remontaba o encontro.