O Depor deixa os postos de descenso, que pilla o Lugo

O Deportivo deixa os postos de descenso despois de catro meses tras sumar a quinta vitoria consecutiva ante o Albacete (0-1). O conxunto branquiazul xogou unha boa primeira parte e soubo sufrir na segunda, agarrado ao acerto dun Sabin Merino tocado por unha varita e a un inmenso Dani Giménez. Debutou Beauvue, que tivo a sentenza, pero topouse con Tomeu Nadal. A cara triste da xornada é a do Lugo, que volveu perder, esta vez 2-1 na casa do Huesca e mantense en postos de descenso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha