O Depor en «play off» de ascenso

1 minutes read

Non podía fallar o Dépor e non fallou. Os de José Luis Martí impuxéronse ao Córdoba e disputarán os playoffs de ascenso a Primeira. O soño de regresar á elite segue vivo en Riazor. Os de Martí foron moi superiores aos andaluces, que xa estaban descendidos.

Custoulle acertar ao Dépor, pero Borja Valle marcou no último minuto da primeira metade e Pedro Sánchez, cun soberbio golazo desde a frontal, sentenciou aos cinco minutos da continuación.

O Córdoba mantivo o tipo a pesar do ambiente. Con todo, a primeira gran ocasión chegaría no minuto 15. Xogada na área pequena entre Saúl e Pedro Sánchez que Abad sacou unha man prodixiosa. Os porteiros estaban a ser protagonistas. Quizais entraba en parte do guión que querían todos os asistentes.