O Depor gañoulle ao Celta a final do XII Torneo F11 Alevín Conservas Calvo

O presidente do Bergantiños, Chano Calvo, entregoulle o trofeo de campión ao deportivista José Quiroga.

Na tarde deste mércores celebrouse a final do XII Torneo F11 Alevín Conservas Calvo disputada entre RC Celta e RC Deportivo. Un partido que rematou con empate a dous e que se decidiu na tanda de penaltis. Púxose por diante o Depor cun tanto en propia meta (28′) e logra o empate Jurgen Sobral aos tres minutos. Na segunda metade o Celta ponse por diante cun gol de Ngoo Essam (38′). Non foi ata o minuto 56 cando o Deportivo anota o tanto definitivo do empate.
Na tanda de penaltis impúxose o Deportivo por catro goles a tres, proclamándose así campión desta edición do Torneo F11 Alevín Conservas Calvo. O presidente, Chano Calvo, entregoulle o trofeo a José Quiroga. Fixo entrega do trofeo ao subcampión o vicepresidente da Real Federeación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar, que recibiu o RC Celta da man do seu capitán Nico.

Nico, do Celta, recibe o trofeo de subcampión da man do Vicepresidente da Real Federeación Galega de Fútbol, Juan Luis Villamisar.