O Deportivo chegaba ao Molinón nunha mala serie de resultados con tres derrotas consecutivas e situado na zona baixa da clasificación, polo que a necesidade de puntos era evidente. Saíu, por tanto, moi centrado e presionando; pero cando apenas levaban xogados cinco minutos atopouse cun gol en contra, nunha xogada iniciada por un roubo de Nacho Méndez e un gran pase de Manu García a un desmarcado Djurdjevic, quen, un tanto escorado, sacouse un disparo cruzado que superou a Dani Giménez. Xa no tempo de desconto unha man de Borja López e que foi revisada polo VAR foi sinalada como penalti que é lanzado por Aketxe para lograr o empate ante a desesperación local que volve ver como o vídeo arbitraxe séguelle sendo cruel.