O Depor rasca un punto no Sardinero

1 minutes read

Racing e Dépor asinaron táboas (1-1) no Sardinero nun partido cunha parte para cada equipo pero con maior superioridade e número de ocasións para os branquiazuis na que dominaron sen poder reflectilo finalmente no marcador. A primeira fora unha historia diametralmente oposta. Con este marcador Racing e Dépor seguen pechando a táboa clasificatoria de LaLiga SmartBank. O terceiro once de Luís César á fronte do Dépor supuxo o regreso de Lampropoulos ao centro da zaga en lugar dun Nolaskoain que adiantou a súa posición ao centro do campo xunto a Álex Bergantiños en detrimento de Gaku Shibasaki. A outra permuta deste partido, a entrada de Koné por Mollejo para formar dupla en ataque con Longo.