O Depor remonta e noquea ao Fuenlabrada (2-1)

0 minutes read

Deportivo e Fuenlabrada disputaron da xornada 42 o único encontro suspendido o 20 de xullo polos positivos por coronavirus do conxunto madrileño. A intensidade do encontro foi de menos a máis por parte do Dépor, que acabou remontando o encontro nos últimos minutos grazas a un penalti transformado por Beauvue no desconto para gañar a batalla sobre o céspede. O Fuenlabrada queda sen Playoffs e métese o Elxe. Pola súa banda, o conxunto deportivista adianta ao Numancia na clasificación e queda cuarto pola cola. Agora queda pendente a batalla legal.