O Depor resucita e o CD Lugo afúndese

La liga.

O Deportivo está imparable, o “efecto Fernando Vázquez” asusta e sumou a sexta vitoria consecutiva ante a UD Las Palmas (2-1) nun partido con pouco ritmo e bastante accidentado. Sabin Merino abriu o marcador cun cabezazo no primeiro pau que se coou entre as pernas de Vales. Tras o paso polos vestiarios reaccionaría As Palmas, que atoparía o empate nun agasallo de Somma. Autogol do central para enmudecer Riazor, pero nin moito menos. Bóveda aproveitouse dunha sucesión de desdichas defensivas para rematar no segundo pau un centro de Mollejo e bater a Vales. Non se movería o electrónico, reflectindo un 2-1 máis que vital para o deportivismo, que afástase da zona de descenso e achégase á zona de playoff.

Estremadura (1-0) CD Lugo

O vídeoarbitraxe (VAR) deu por bo un gol de Álex Alegría que en principio fora anulado por fóra de xogo e que supuxo a vitoria do Estremadura fronte ao Lugo pola mínima nun encontro marcado polas expulsións entre dous rivais directos pola categoría. Con esta vitoria o Estremadura adianta ao Lugo na clasificación con 26 puntos, fronte aos 25 dos galegos, pero mantéñense ambos na zona de descenso.

La liga.