38
- Os afeccionados do Celta B recibiron ao Deportivo con «un cadaleito e mariachis».
Tres goles de Miku déronlle o triunfo ao Deportivo no derbi e permítelle aos coruñeses chegar a esa última xornada con opcións de salvar a tempada tras un partido no que todo lle saíu ben. Golpearon nas súas escasas ocasións e mesmo as decisións arbitrais en momentos craves caeron do seu lado. Os de Rubén de la Barrera viviron do erro dos vigueses na saída da pelota. Incapaces de atopar a Holsgrove, repescado esta semana debido ás importantes baixas do filial, ao Celta B custoulle chegar á área do Deportivo aínda que nalgunha ocasión fíxoo con perigo. Tres goles de Miku culminan unha gran oportunidade aproveitada polo Dépor, que se engancha á loita por arriba, aínda que quizais xa chegue demasiado tarde.