O Depor volve sumar de tres


O Deportivo volveu sumar de tres despois de vencer ao San Sebastián de los Reyes nun partido máis decantado do que reflicte o marcador (1-0). O cadro herculino dominou de principio a fin e, aínda que con menos ocasións que fai sete días, mereceu un triunfo que só puido chegar nunha xogada a balón parado. O equipo herculino enlazaba tres encontros consecutivos sen gañar, aínda que Borja Jiménez aseguraba que non era por falta de méritos.