As competicións deportivas en España non abrirán as súas portas por medo ao coronavirus. Así o anunciou o Goberno, todos os partidos de calquera deporte xogaranse sen público. Pouco despois das palabras do Executivo, A liga avisábao na súa páxina web. A medida afectará ás dúas próximas xornadas de Primeira e Segunda división. Bancadas baleiras no Camp Nou. A Champion’s league tamén se verá afectada e o Barcelona- Nápoles que estaba previsto para o próximo 18 de marzo queda sen asistentes. É o segundo partido da Champions no que se prohibe a entrada, despois do Valencia contra o Atalanta deste martes. Os primeiros partidos da liga que se verán afectados serán o Eibar-Real Sociedade que tiña lugar este martes así como o Real Madrid-Eibar que se ía a xogar este venres no Bernabeu. En Italia, despois de varios partidos xogados a porta pechada, o Goberno decidiu suspender todas as competicións deportivas ata o próximo 3 de abril.
34