- A maiores da programación municipal, o Club Patín Velúa organiza varias exhibicións de patinaxe artística
A concellaría de Deportes, con Noelia Freijeiro á fronte, ten preparado un Nadal Deportivo en Malpica con diversas actividades para todos os públicos.
Control de marcas de atletismo. Será o 22 de decembro desde as 10:30. Dirixido a nenos de entre 7 e 13 anos. Inscricións ata o día 20.
Deportes de raqueta. Actividade programada para o 23 de decembro desde as 10:30 horas. Dirixida a nenos de 7 ou máis anos. Inscricións ata o día 20.
Campamento deportivo. A primeira quenda desenvolverase os días 27, 28 e 29 de decembro, podendo inscribirse ata o día 21; mentres que a segunda será os días 3,4 e 5 de xaneiro, e o prazo para inscribirse remata o próximo día 28. En ambos casos as actividades desenvolveranse en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas, e poden participar rapaces de entre 7 e 13 anos.
Fútbol 3×3. Será o 30 de decembro desde as 10:00 horas. Dirixido a nenos de máis de 7 anos. Inscricións ata o día 27.
Os interesados en participar en calquera destas actividades poden anotarse no departamento de Deportes do Concello ou chamando ao 981 72 00 01.
A maiores destas propostas municipais, o Club Patín Velúa tamén organizou dúas exhibicións de patinaxe artística. A primeira celebrouse este sábado e a seguinte será o próximo día 29. Será ás 18:00 horas.