O deportista da AD Fogar, Hugo Souto, novo Subcampión de España cadete de Tríatlon Cros

Tres dos triatletas cadetes da AD Fogar Carballo e Oleiros tomaban parte nos Campionatos de España de Ácuatlon, Tríatlon Cros e Dúatlon Cros que se desputaron na localidade soriana de Almazán; lugar onde volveron brillar entre os mellores especialistas do panorama nacional. Irea Alén acadaba unha moi meritoria 6ª praza na proba de Ácuatlon a un só minuto da gañadora, mentres que Hugo Souto acadaba unha sólida carreira na proba de Tríatlon Cros proclamándose Subcampión de España da categoría cadete tamén a un só minuto do vencedor. Pola súa parte, na proba de Dúatlon Cros, Anxo Bello, asinaba unha destacada 7ª praza a dous minutos da cabeza de carreira, Hugo Souto remataba 11º e Irea Alén víase obrigada a abandonar no segmento ciclista por culpa dunha avería mecánica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha