38
O Dépor feminino debuta este domingo na máxima categoría: na Primeira División. Será ás 12 do mediodía ante o Español. As xogadoras notaron o cambio de categoría. A pretemporada foi moito máis esixente fisicamente. Tamén o foron os rivais aos que se enfrontaron nos amigables.
«Implicámonos moito na pretemporada, en prepararnos fisicamente, sobre todo, pero tamén mentalmente. Houbo un cambio, pero é que o ten que haber dunha categoría como Segunda a outra como Primeira», apunta Nuria Rábano.
Cris Martínez sinala que: «Temos un ano ilusionante por diante. Estivemos durante tres temporadas loitando polo ascenso e conseguímolo. Queremos gozalo e brindarlle a permanencia á afección e ao club que o deron todo por nós».