O Deportivo Abanca garante a súa permanencia na Liga F

0 minutes read

O conxunto coruñés empataba fronte ao Sevilla FC en Riazor. Ambos os conxuntos saíron ao terreo de xogo conscientes da importancia do partido. A resolución chegou nos últimos minutos. O Sevilla adiantouse no marcador no minuto 89 por medio de Eva Llamas. Pero o Deportivo reaccionou de inmediato, e só un minuto despóis llograba a igualada cun gol da estadounidense Elyse Bennet. Tras unha temporada chea de altibaixos, este domingo tivo a súa culminación con ese gol de Bennet. Felicidade absoluta das brancoazuis.