O Deportivo da Coruña anunciou un ERE para todo o persoal, xogadores incluídos. A través do primeiro executivo, David Villasuso, o club comunícalle aos traballadores o inicio do Expediente de Regulación de Emprego. Haberá despidos nun fondo proceso de reestruturación do cadro de persoal. O club, propiedade de Abanca, que ten o 80 por cento das accións, pechou a pasada tempada con nove millóns de euros de perdas. Aínda así, afronta a nova campaña con nove fichaxes, co obxectivo de acadar o ascenso. O club informa os seus traballadores de que está inmerso nun proceso colectivo de extinción de contratos pola grave crise económica que atravesa e que demanda unha reestruturación do persoal. A entidade coruñesa estimou unhas perdas de nove millóns de euros na tempada 2020/21, que se pechou o pasado 30 de xuño e números vermellos tamén para o curso actual en Primeira Federación. O ERE permitiralle reducir o custo do persoal, con contratos que pretende deixar de asumir na campaña 2021/22.
37