41
O Deportivo non foi capaz de pasar do empate ante o Sporting (0-0) nun encontro no que demasiados xogadores demostraron volver bastante oxidados. Como se esperaba, o aspecto físico xogou un papel importante que Fernando Vázquez tentou mitigar con numerosos cambios rápidos, pero o que lastrou ao equipo volveron ser os erros individuais. Os de Abdoulaye Ba e Montero atrás, e os dos dianteiros arriba, que non tomaron nin unha soa decisión boa.