41
Tras unha boa primeira parte, un tanto de Caballé foi suficiente para noquear aos coruñeses, que non foron capaces de encerrar ao seu rival na área. Rubén da Barrera saíu á Malata co mesmo equipo que venceu ao Guijuelo. O único cambio estivo na posición de Rayco e Raí, que se intercambiaron roles para que o brasileiro ocupase a punta do ataque. Custoulle entrar no partido, pero a partir do cuarto de hora o traballo de Villares sobre Álex López cortocircuitou ao Racing e os branquiazuis comezaron a controlar o encontro, pero nada do construído serviu de nada, porque o Dépor fixo gala de novo dunha fraxilidade terrible. O Racing adiantouse nada máis saír do descanso tras un erro en cadea da zaga branquiazul.