O Deportivo de Fernando Vázquez, xa gaña, xa cre


O Dépor logrou este domingo tres puntos para crer, a súa segunda vitoria consecutiva e a primeira con Fernando Vázquez. Foi grazas a un gol de Michele Somma, que empuxou á rede un rexeite de Dani Barrio nun córner no minuto 54 da segunda parte. O Dépor apenas inquietou ao rival na primeira metade. A expulsión de Gus Ledes antes do descanso por unha patada sobre Mollejo mudou a faciana aos deportivistas, que empezan a ver a luz na súa remontada cara á permanencia, que xa está a catro puntos.