O Deportivo empata en Riazor diante do Mirandés (1-1)

0 minutes read

Primeira parte moi igualada na que apenas houbo ocasións, unha cada equipo, pero os porteiros responderon con seguridade e lograron evitar os tantos. Nada máis comezar a segunda metade, o Mirandés adiantouse no marcador grazas ao tanto de Sousa tras varios rexeites dentro da área. O Deportivo respondeu pronto co tanto de Mollejo tras aproveitarse dun mal despexe de Limones tras un disparo de Bóveda. O Deportivo buscou os tres puntos ata o último minuto, pero non o logrou e suman unha nova xornada sen gañar e afundido na táboa clasificatoria de cuarto pola cola.