34
Na xunta xeral de accionistas anual debulláronse as cifras de negocio. O club coruñés prevé uns ingresos para esta temporada de preto de 8 millóns de euros e uns gastos que acadan os 12 millóns polo que se estiman unhas perdas de máis de 4 millóns. Tamén se fai efectiva a incorporación de Miguel Juane ao consello, órgano onde xa exercía como secretario anteriormente.