O Deportivo inscríbese en Segunda e Segunda B


O Deportivo da Coruña inscribiuse este luns de maneira simultánea en Segunda e Segunda división B o último día do prazo que dera a Federación Española de Fútbol (RFEF) para facelo. Fontes do club coruñés confirmaron que procederon a apuntar ao equipo ás dúas categorías á espera do que se determine nas diferentes instancias deportivas sobre a súa continuidade ou non en Segunda división.

O Deportivo considera, e así o mantivo desde o partido suspendido co Fuenlabrada o último 20 de xullo, que é equipo da ‘categoría de prata’ a pesar de non sumar os puntos suficientes para quedar en Segunda división. O club galego esgrime que non puido disputar en igualdade de condicións a última xornada de LaLiga SmartBank, prevista en horario unificado.