43
O cadro herculino sumido nunha serie negativa desde fai bastantes xornadas, mostrou ese estado de ansiedade e nerviosismo con moita imprecisión nas accións . Nunha delas chegou o primeiro gol do Xirona, Lampropoulos enviou un balón a Nolaskoain cando este estaba de costas e en mala posición e perdeu o balón en favor de Gumbau, que rapidamente armou un contraataque conducido por Borja García. O centrocampista asistiu a Stuani que chutou ao poste, o rexeite recolleuno o propio Borja García que bateu por baixo a Dani Giménez desde dentro da área no minuto 23. O Depor fixo poucos méritos e acabou perdendo por 3-1. O Deportivo colócase penúltimo na táboa con 7 puntos, a espera de recibir o domingo ao Almería.