O Deportivo pecha un acordo vital con Abanca


Trátase dunha inxección económica vital para poder fichar nun momento crítico. O pacto foi anunciado na última asemblea polo aspirante á presidencia, Fernando Vidal. “O Deportivo ten unha situación de patrimonio neto negativo de preto de 80 millóns e un endebedamento cercano aos 89 millóns. Porén, Abanca comprometeuse connosco a apoiar o Deportivo nesta situación mediante unha achega inicial para reforzar o plantel e tentar evitar o descenso”, explicaba o empresario naval. “Garantimos a supervivencia do club e apostamos por un proxecto gañador. Capitalizando unha parte relevante da débeda con Abanca reducindo desta xeito a débeda actual a límites históricos e traballando nunha proposta de ampliación de capital aberta a todos os socios e deportivistas”.