O Deportivo remonta ao grande contra o Fuenlabrada (4-2)

O Deportivo venceu ao Fuenlabrada (4-2) nun partido no que tivo que sobrepoñerse a todo o imaxinable, incluído un golazo desde o centro do campo, verse dúas veces abaixo no marcador e toda unha colección de comportamentos antideportivos por parte do cadro azulón. O cadro branquiazul segue sendo outro en Riazor e fai os deberes para meter presión aos de arriba. Ibán Salvador adiantou aos madrileños cun golazo desde o centro do campo. En tres minutos tolos houbo tres goles, ata o 2-2. No treito final Quiles e Lucas consumaron a remontada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha